MICROTOPONIMIA

A TOPONIMIA É PARTE DO PATRIMONIO DA PAISAXE 


     Os topónimos son os nomes dos lugares. Por exemplo son topónimos: A Coruña, Lugo, Monfero, ou O Xestal. 

     Os microtopónimos son o mesmo pero para os lugares pequenos: fincas, leiras, camiños, outeiros, fontes, pedras, árbores, casas…  teñen nomes propios que son os chamados microtopónimos.

     A función dos topónimos é dobre, primeiro teñen a función de nomear os lugares, e segundo teñen a función de localizar estes lugares nunha posición xeográfica con exactitude.

      Moitos nomes dos lugares, sobre todo de lugares pequenos non teñen presenza nos mapas nin nos carteis das estradas, pero tamén forman parte da nosa cultura e do noso patrimonio. Este patrimonio está en perigo de extinción cando desaparezan as persoas maiores que os coñecen e os usan. Por iso pensamos que é importante recollelos, estudalos, conservalos, respectalos e trasmitilos como calquera monumento ou espazo natural e que as parcelarias ou a memoria non nos priven desa riqueza que no noso país é máis abondosa que en calquera outra parte do mundo. 

     Neste proxecto cada estudante levou para a casa unha ficha de recollida de datos e indagou no seu contorno familiar sobre os microtopónimos dos arredores da súa casa. Con esta ficha feita, buscaron imaxes do satélite da súa zona, usando para iso  o Sixpac ou Google Maps. Unha vez atopada a zona de recollida gardaron as fotos e escribiron os microtopónimos na foto para situalos xeograficamente.

      Este proxecto ten como punto de partida o traballo do Equipo de Normalización Lingüística do IES Lama das Quendas de Chantada, que no ano 2009 deixou na rede o seu traballo e que nos serviu de exemplo para o noso. Dende aquí agredecémoslles aos profesores por compartir o seu proxecto.
Webquest: MICROTOPONIMIA




Situación do noso centro no Google Maps


TOPÓNIMOS NO ANO 1.949

        Con este mapa podedes apreciar a importancia de conservar e preservar os topónimos.
        A correcta transcripción dos topónimos soamente se pode facer desde os propios lugares para evitar cousas como “Trijoa” por Irixoa.

        Segundo a lei de Normalización Lingüística, en Galicia “os topónimos terán como única forma oficial a galega”, os mapas actuais xa teñen maioritariamente os topónimos correctos, pero aínda quedan algúns erros.

Ver este mapa con detalle ou descargalo


PROXECTO INTERDISCIPLINAR. Alumnos de 1º de ESO. Curso 2.013-2.014






PROXECTO INTERDISCIPLINAR. Alumnos de 1º de ESO. Curso 2.012-2.013





PROXECTO INTERDISCIPLINAR. Alumnos de 1º de ESO. Curso 2.011-2.012

   




PROXECTO INTERDISCIPLINAR. Alumnos de 1º de ESO. Curso 2.010-2.011