23 de abril de 2016

MÓVETE: PRESENTACIÓN DA ACCIÓN SOLIDARIA

O 15 de abril fomos a Santiago a presentar o noso proxecto de acción solidaria centrado na revalorización do rural. O alumnado de 5º de EP foi o responsable de expoñer o traballo realizado polo alumnado de todo o cole, dende infantil ata secundaria.

Ademais tivemos ocasión de compartir xunto con outros dous centros de Galiza unha xornada inesquecible, con xogos, música e, como non, accións solidarias.


11 de abril de 2016

MÓVETE: PLENO NO CONCELLO DE IRIXOA

O alumnado de 5º e 6º de EP, como xa sabedes, fomos o 30 de marzo ao Concello de Irixoa a presentar unha moción en defensa do rural. Compartimos aquí un pequeno vídeo da nosa lectura.

9 de abril de 2016

MÓVETE: AGRICULTURA ECOLÓXICA

O alumnado de 3º e 4º de primaria dentro do proxecto de defensa do rural decidimos centrarnos no aproveitamento do rural dende unha perspectiva ecolóxica: agricultura ecolóxica, uso de enerxías limpas,...
Para coñecer algo máis sobre agricultura ecolóxica estivemos moi atent@s á charla que veu a darnos ao cole Dolores Porto, a nai dunha compañeira que posúe unha granxa ecolóxica. Dolores explicounos en que consistía a agricultura ecolóxica, como se acreditan os produtos ecolóxicos,... e diferentes cuestións que lle fomos plantexando.
Deixamos aquí un pequeno vídeo para que poidades ver todo o que aprendemos con ela.

5 de abril de 2016

PROXECTO MÓVETE: XA TEMOS LOGO!


Durante a última semana de marzo eleximos o logo co lema que representará o noso Proxecto Móvete.




De todos os participantes, dez foron os finalistas, pero tan só un foi o gañador…


Moitísimas grazas a todos e a todas por participar!
Nótase que no Virxe da Cela movémonos polo rural! 


3 de abril de 2016

NO RURAL VIVES O NATURAL


CHARA DE MULLERES DO RURAL


PLENO NO CONCELLO DE IRIXOA


O pasado 30 de abril o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela acode ao pleno ordinario do Concello de Irixoa (13:30) dentro dunha iniciativa destinada a fomentar a organización do alumnado en prol dunha aprendizaxe que repercuta na sociedade na que se desenvolve, é decir que se formen cidadáns críticos e responsables. Trátase de que aprendan a xestionar as súas accións de forma coordinada, cooperativa, dialogante e democrática.

En dito pleno  presentamoas una moción de apoio ó rural en todas as súas vertentes (sociedade, cultura, economía …)  que, acompañada dunha campaña de difusión das súas potencialidades, pretende facer visible ó conxunto da sociedade unha forma de vida singular e propia que non ten por qué desaparecer da nosa Comunidade, xa que foi a base da sociedade actual. 

Ademais  expuxéronse as problemáticas máis urxentes: despoboamento, avellentamento, falla de recursos e infraestruturas, ou a crise tanto do sector agrícola como do gandeiro, facendo fincapé na perda de poder adquisitivo das xentes que vivimos ó seu redor.

Dita moción foi aprobada por unanimidade.

A mesma proposta tamén se trasladará no seu momento ó concello de Monfero.

Os encargados de formular a proposta (alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria) forman parte da  Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, que constituíu dito alumnado o pasado 8 de abril como fórmula para aglutinar as actuacións que se desenvolven no centro en prol dunha revalorización das formas de vida do rural e, o mesmo tempo  fomentar a participación nas mesmas do resto da comunidade educativa e do tecido social da comarca. 

Ademais, as mesmas formaran parte dunha campaña de difusión automática dos valores e potencialidades do rural baixo o título “NO RURAL VIVES O NATURAL”. Dita campaña, contará cun soporte físico publicitario, e tamén será difundida a través de medios dixitais para ampliar o seu ámbito de acción.

Entre as temáticas que tratará a campaña están a valoración do patrimonio natural, histórico, artístico, lingüístico, cultural, etnográfico e social entre outros a través de exemplos cotías das formas de desenvolvemento das súas xentes.

En definitiva, cremos nun mundo rural vivo, no que partindo das súas potencialidades e dunha valoración positiva da súa idiosincrasia sexa quen de acadar un crecemento sostible e a valoración e o respecto da súa singularidade patrimonial (medio natural, lingua, costumes, usos, formas de desenvolvemento entre outros) para ser quen de transformar as suas potencialidades en motor económico,  social e cultural.

Por último, estas iniciativas desenvolvense ó abeiro do proxecto “Móvete” da Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado e do Plan Proxecta na modalidade “Paisaxe e Sustentabilidade ”do Instituto de Estudos do Territorio.




Prensa:

DIARIO DE FERROL




MONFERO- Los escolares se asocian en defensa de la vida en el rural: Lo rural se lleva. Lo dicen los expertos que en los últimos años han constatado un creciente movimiento migratorio de la ciudad al campo en busca de una nueva vida.

GRUPO DE INVESTIGACIÓN DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

8 MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nueva York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desta data. O 5 de marzo de 1908, Nueva York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. 

Durante esta folga morreron máis dun centenar de mulleres na fábrica de Sirtwoot Cotto, nun incendio atribuído ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional das Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca), máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente celébrase como o Día Internacional da Muller.

VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016



Os rapaces e rapazas de 2º da ESO visitaron todas as aulas do CPI Virxe da Cela para repartir entre o alumnado unhas circulares informativas sobre a VIII edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2016. Durante os próximos días recolleremos todos aqueles obxectos que podades aportar para vender no Rastro (libros, cds, dvds, bisutería, xoguetes, etc), que se celebrará o vindeiro venres 18 de marzo, último día antes das vacacións de Semana Santa.



VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016



Sabemos que é un enorme esforzo realizado durante semanas, pero está claro que vale a pena. Van xa oito as edicións de Rastro Solidario efectuadas no CPI Virxe da Cela durante os últimos anos, e nestas últimas combinándose a Operación Quilo. Con moita ilusión alumnado e profesorado do centro visitaron o Rastro o pasado venres 18 de marzo de 2016, facendo as compras dos obxectos alí expostos por medio de troco con alimentos. 

Unha boa pila de caixas están agora esperando a ser levadas á Cociña Económica de Ferrol, ao igual que unha significativa axuda en metálico de 159 euros recadada á base de donativos. 

 Queremos agradecer públicamente a colaboración da AMPA difundindo esta actividade e destacando a presenza de pais e nais que axudaron durante toda a mañá a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as comparas dos mais pequenos (Jaime M. Caamaño, María José Varela, Elena Sanjuán e Sandra). 

 Nesta xornada tan especial completamos o día con dous obradoiros de Comercio Xusto e Consumo Responsable impartidos por Solidariedade Internacional Galicia, así como dun programa radiofónico especial sobre o Rastro Solidario, dirixido por Lucía Abarrategui y Sergio Pascual, a través do Laboratorio Radiofónico, e guiado polo alumnado de 4º e 5º de primaria. 

 Contamos tamén con importantes visitas, como de Beatriz Varela (Fundación Ayuda en Acción), a nosa ben querida exalumna Anaís, que veu acompañada pola súa avoa. E, ao final do día, deixáronse ver un grupiño de exalumnos/as que na actualidade están a cursar os seus estudios nos institutos de Betanzos, que saudaron cariñosamente ao profesorado e participaron incluso nos obradoiros que estaban a realizar o alumnado de 3º e 4º da ESO, mentres os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO traballaban organizadamente para desmantelar de novo o “chiringuito” e deixar os obxectos sobrantes en caixas esperando á próxima edición do Rastro.

Crónica rastro solidario from satelite1

OBRADOIROS DE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE


O venres 18 marzo de 2016 o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela recibiu un obradoiro de Comercio Xusto e Consumo Responsable impartido por Ana Lampón, técnica da ONG Solidariedade Internacional Galicia, xunto con Elisangela Silfa, voluntaria nesta organización e que na actualidade está en Galicia cunha beca do seu país, República Dominicana, realizando o Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas na Universidade da Coruña. 

Transcribimos aquí as palabras de Ana Lampón describindo a actividade: O obradoiro de Consumo Responsable ten a finalidade de que nos demos conta da importancia que ten o consumo nas nosas vidas, dende que nos levantamos ata que nos deitamos estamos consumindo. De aí a importancia de reflexionar sobre os nosos xeitos de consumir. 

O consumo responsable é aquel que se basea na elección de produtos non solo pola súa calidade e o seu prezo, senón tamén polo impacto social e ambiental, pola conduta das persoas e/ou empresas que o elaboran. Tamén implica consumir menos, soamente o necesario para un bo vivir, e estar a atentos á publicidade para saber como nos crea falsas necesidades.

 A actual sociedade de consumo, pretende facernos crer que a nosa felicidade se consegue comprando e consumindo sen sentido, polo que traballar cos mozos e mozas estas temáticas é tan importante, sobre todo proporcionando alternativas como poden ser o Comercio Xusto, o consumo ecolóxico, de proximidade, a economía social ou solidaria, etc. Sobre os contidos, traballamos na identificación e diferenza entre necesidades e desexos, os conceptos do comercio tradicional como as multinacionais ou a deslocalización, os dereitos dos produtores dos países empobrecidos, etc. 

 A resposta das mozas e dos mozos da ESO do CPI Virxe da Cela foi excelente, participaron moi activamente nas dinámicas e actividades propostas, implicáronse na procura de solucións aos problemas plantexados, e levaron moi ben os contidos do taller á práctica da vida cotiá. Cabe destacar que, en xeral, son un alumnado moi concienciado e solidario. Ana Lampón. Solidariedade Internacional Galicia

Crónica obradoiros comercio xusto e consumo responsable from satelite1

ESPECIAL RADIOFÓNICO VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016

O alumnado de 4º e 5º de primaria do CPI Virxe da Cela gravaron un especial radiofónico para retransmitir a VIII edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2016. Entrevistaron a alumnado e profesorado que traballou na organización deste evento solidario (como a alumna Diana Caruncho de 4º da ESO ou a profesora Verónica Dopico), así como a outros profesionais que visitaron o noso centro, como a Elisangela Silfa, moza da República Dominicana voluntaria na ONG Solidariedade Internacional Galicia que impartiu un obradoiro de Comercio Xusto e Consumo Responsable. Agradecemos a Sergio Pascual e Lucía Abarrategui a súa implicación nas actividades no noso centro e o magnífico traballo que están a facer a través do Laboratorio Radiofónico "Radio Itinerante Creativa".

PROXECTO MÓVETE




A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe este proxecto piloto no CPIP Virxe da Cela de Monfero. A iniciativa tamén se levará a cabo no CEIP das Fontiñas de Santiago e no da Lomba en Vilagarcía de Arousa. O programa “Móvete” pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través de valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vincula á música como elemento de motivación. 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inicia de xeito experimental o programa “Móvete” de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación Primaria. Este proxecto piloto levarase a cabo en tres centros de ensinanza Infantil e Primaria: o Virxe da Cela de Monfero, o das Fontiñas de Santiago e o da Lomba en Vilagarcía de Arousa. En total, participarán en Móvete ata final de curso máis dun cento de nenos e nenas entre os 6 e os 10 anos de idade. 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou esta mañá este programa no CPIP Monfero, que “pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación”, dixo. Así, este programa conta como base coa canción e o vídeo “Móvete” de Paco Nogueiras, a través da que se elaborará unha unidade didáctica de aplicación a través duns obradoiros en cada centro.

 Os obxectivos da unidade didáctica céntranse na posta en valor da solidariedade e na acción voluntaria como medio para mellorar as realidades dos máis desfavorecidos. Accións solidarias en cada centro. Nas unidades didácticas cada centro escollerá unha acción solidaria para desenvolver co alumnado, que estará adecuada ás idades do grupo seleccionado e que poderá ser de sensibilización ou dun carácter máis activo, segundo o diagnosticado nos obradoiros iniciais. 

 Por último, Cecilia Vázquez destacou que “con este proxecto estamos en disposición de ofrecerlles aos mozos e mozas galegos a posibilidades de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo”. De tal xeito que este itinerario comeza en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces de ata 12 anos-, continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.


La Xunta acerca el voluntariado al alumnado del CPI Virxe da Cela: Implicar a las comunidades educativas en la promoción de los ideales de solidaridad, participación, compromiso social y voluntariado, a través de una  .

OBRADOIRO "MÓVETE". RCES







30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA













DÍA DA PAZ: O TEU ENIMIGO





EXPOSICIÓN DE LIBROS E PELÍCULAS SOBRE A PAZ



CHARLA SOBRE O HOLOCAUSTO



En maio de 2008 un grupiño de estudantes do colexio CPEB Carlos Bousorio (Boal, Asturias), acompañados pola súa profesora Conchi Sanfiz Fernández, visitaron o campo de concentración nazi de Mauthausen nunha actividade encadrada nun interesantísimo proxecto de investigación. 

Tiveron a oportunidade de asistir á Conmemoración Internacional da liberación do campo de Mauthausen (a liberación aconteceu o 5 de maio de 1945), e vivir este emotivo momento ao carón de varios superviventes españois que ano tras ano se dirixen a esta cidade austríaca para honrar ás vítimas do Holocausto. Estímase que neste campo morreron máis de 120.000 persoas, 7.000 delas deportados de nacionalidade española. Nas palabras de José, un dos alumnos que realizou esta viaxe,

 “Os deportados son parte dunha Historia viva que necesitamos coñecer para que o noso presente sexa moito mellor e para que eses erros que se cometeron no pasado nunca máis se volvan a repetir. Non debemos deixar caer no esquecemento as súas valiosas testemuñas”. Importante labor que está levando a cabo Conchi Sanfiz, que actualmente imparte docencia no colexio de Guitiriz e que amablemente aceptou a invitación da nosa orientadora, Verónica del Río, para vir ao noso centro a transmitir a súas vivencias nun día moi especial, o venres 29 de xaneiro de 2016, como acto conmemorativo do Día da Paz. Todos os alí presentes escoitamos en absoluto silencio e co corazón encollido as súas palabras e observamos con respecto as imaxes mostradas na proxección, recoñecendo a crueldade á que é capaz de chegar o ser humano e prometendo manter viva a memoria de milleiros de vítimas inocentes para que estas atrocidades non se volvan a repetir na Historia.