30 de novembro de 2016

"A vaquiña polo que vale": presentación ao alumnado

O martes 29 de novembro tiveron lugar dous actos dentro do proxecto de Educación para o desenvolvemento e cidadanía global,que leva a cabo o noso centro xunto a UDC. 
  •   De 15:30 a 15:45 no salón de usos múltiples presentouse ao alumnado de secundaria e 4º,5º e 6º de primaria dito proxecto por parte de membros da UDC 
  •  De 15:45 a 16:30 Reunión co profesorado participante no proxecto para facer a proposta definitiva de actividades e calendario.






25 de novembro de 2016

OBRADOIRO RCP

A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é vital para que os equipos de emerxencia poidan actuar e salvar vidas. Por esta razón, o pasado 15 de novembro, organizouse desde o departamento de orientación e educación física, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes”
Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do CHUAC, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos e tecidos.
Na segunda sesión, Fernando, médico da UCI, despois das pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao alumnado a realizar a maniobra de forma práctica.
Toda unha experiencia que repetiremos coa formación básica para alumnado e profesorado dentro do Plan deportivo de centro.







23 de novembro de 2016

Valoramos o medio natural: chegou o gran día!!!!


O CPI Virxe da Cela segue apostando pola radio como unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas do alumnado, incentivar a creatividade e aprender. Este é o primeiro conto do alumnado de 1º de primaria. O seu primeiro encontro co micro.


Preme na imaxe para escoitalo


21 de novembro de 2016

I Xornadas de Anpas Galegas no rural

O 19 de novembro a Confederación de Anpas Galegas realizou no Courel a “I Xornada de Anpas Galegas no rural. O ensino, integrador do desenvolvemento”, un encontro que serviu de plataforma para o debate e o intercambio de experiencias e a procura de solucións para os problemas actuais da sociedade no rural galego, alimentando a visión desde a escola e a educación.
Durante a xornada contaron con doce palestras que abarcaron temáticas diversas, unha delas específica de educación. Alí estivemos representados pola directora do centro.


13 de novembro de 2016

"A Vaquiña polo que vale": UNHA CLASE MOI ESPECIAL NA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE LUGO






Unha clase moi especial na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Alumnado do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) impartirá unha clase ao alumnado de primeiro curso do Grao en Mestre/a de Educación Primaria. Nenos e nenos de 5º e 6º de Primaria, explicará aos futuros mestres/as como se traballa na seu colexio empregando metodoloxías innovadoras que permiten conectar aprendizaxe e realidade a favor dun desenvolvemento sostible do rural galego. 

A experiencia que presentarán concrétase nunha campaña de posta en valor do medio rural galego que aglutina un conxunto de actuacións a prol da identificación, valoración e enfrontamento a situacións problemáticas que o configuran dende unha perspectiva activa e resolutiva que é quen de aglutinar o esforzo comunitario. O nexo de unión é a Asociación Infantil e Xuvenil “Soño rural” creada polo alumnado do centro, sendo a encargada de dinamizar e difundir estas actuacións, tarefa que realizarán na Facultade. Neste curso escolar o proxecto deseñado ten por nome "A vaquiña polo que vale", sendo hoxe o alumnado o encargado de presentalo

Destacar que esta experiencia forma parte dos proxectos “Somos paisaxe, somos vida” e de “Monfero Solidario” que desenvolve o Centro educativo e que conta cun gran recoñecemento institucional, sendo o primeiro premiado en varias ocasións dentro do Plan Proxecta, tanto pola Consellaría de Cultura Educación e Orientación Universitaria como pola Consellaría do Medio Rural e Monfero Solidario galardoado co Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación al Desarrollo. Un proxecto que ademáis contou co respaldo da Dirección Xeral de Voluntariado pola súa capacidade de entender a aprendizaxe como un servizo á comunidade. 

O encontro, impulsado pola profesora de Socioloxía da Educación, Marta Poncet e pola directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, Camino Pereiro (antigua alumna da Facultade), se encadra dentro do espírito de esforzo compartido en prol da calidade do ensino en todas as súas vertentes.